VII Symposium en Reprodución Humana Asistida de IRAGA, en Santiago
Congreso médico sobre reprodución asistida na capital de Galicia
Xinecólogos e embriólogos de toda España reuniranse en Santiago de Compostela no VII Symposium en Reprodución Humana Asistida, un evento que organiza IRAGA, Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda.
A cita é o venres 9 de xuño.
O Hotel Monumento San Francisco será sede deste encontro que, no seu programa, achégase a temáticas como a tecnoloxía “time-lapse”, a selección de espermatozoides ou a interacción entre inmunoloxía e reprodución.
A tecnoloxía “time-lapse” é o máis moderno e innovador sistema de incubación e análise de embrións humanos.
Coa mesma, pódese gravar, visualizar, controlar e analizar en todo momento o desenvolvemento do embrión sen necesidade de alteraren as súas condicións de cultivo in vitro ata a fase de blastocisto.
O Dr. José Codesido López, director de IRAGA, apunta que este Symposium é “unha oportunidade para achegar a Santiago a expertos de primeiro nivel, ao mesmo tempo que compartimos experiencias e contribuímos ao progreso dunha disciplina na que é fundamental estarmos ao día”.
IRAGA volve confiar nos servizos da empresa de organización de eventos Trevisani para este congreso médico.
Trevisani, na organización deste congreso médico
IRAGA volve confiar nos servizos da empresa de organización de eventos Trevisani para este congreso médico.
Entre as súas tarefas nesta cita están:
- Secretaría técnica
- Produción
- Prensa e comunicación
- Xestión de relatores
- Traslados e aloxamentos
- Dinamización de asistencias
- Azafatas e persoal auxiliar
- Imaxe e deseño
- Protocolo e relacións públicas