Un congreso médico de altura, o oitavo Simposio de Reprodución Asistida de IRAGA
O Simposio de Reprodución Humana Asistida de IRAGA amosou novos eidos na loita contra a infertilidade
Os últimos avances na loita contra a infertilidade foron os protagonistas do Simposio que se celebrou o 15 de marzo en Santiago de Compostela, organizado por IRAGA Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda.
Tratouse da oitava edición deste evento que reuniu a un cento de profesionais da reprodución: xinecólogos, embriólogos, matronas ou biólogos.
Na inauguración oficial, o doutor José Codesido, director de IRAGA, manifestou que o simposio “é unha mostra do compromiso de IRAGA por mantermos unha asistencia de calidade na que se incorporen as últimas tecnoloxías” e salientou o carácter interdisciplinario da cita, tal e como é o traballo en reprodución asistida.
Cada dous anos o centro organiza este Simposio en Reprodución Asistida, cita de referencia en Galicia.
Nesta ocasión, as temáticas tratadas abarcaron desde as posibilidades que abre o auto trasplante de tecidos en pacientes con menopausa precoz; novos achados na xeración de gametos in vitro; a edición xenética, os fallos de implantación; ou o mosaicisimo embrionario.
Esta xornada reuniu a relatores do primeiro nivel: a doutora Juana Crespo (Equipo Juana Crespo, Valencia); o doutor Yosu Franco (membro da xunta directiva de ASEBIR, Donostia); o doutor José Vicente Medrano (Instituto de Investigación Sanitaria La Fe, Valencia); o doutor Lluís Montoliu (Centro Nacional de Biotecnología-CSIC, Madrid); e máis o doutor Francesc Fàbregues (Institut Clinic de Ginecología, Obstetricia y Neonatología – Hospital Clínic, Barcelona).
Tamén acudiron Manuel Macía (CHUS, Santiago) e o doutor Roque Devesa (Hospital Quirón Salud, A Coruña), como moderadores.
A cita contou co auspicio da Sociedad Española de Fertilidad SEF e da Asociación para el Estudio de la Biología de la Reproducción ASEBIR.
Traballo con IRAGA da empresa de organización de eventos Trevisani
A empresa de organización de eventos e comunicación Trevisani traballa dende hai anos para IRAGA
Entre as súas tarefas están:
- Deseño de accións publicitarias
- Gabinete de prensa.
- Xestión de presencia da marca en medios locais, prensa, radio e plataformas dixitais
- Deseño da imaxe, a cargo da deseñadora María Pereiró
- Produción de papelería, novos folletos e carteis corporativos
- Persoal auxiliar de reparto na rúa e lugares de interese
- Eventos, coma o Simposio de Reprodución Asistida