Chega un novo congreso médico de AGAPAP
Santiago de Compostela vai acoller un novo congreso médico da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria AGAPAP
O colectivo de pediatras de atención primaria de Galicia reúnese o vindeiro sábado 22 de abril nun novo congreso médico, será a XI Reunión Anual da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria AGAPAP.
A empresa de organización de eventos Trevisani volve encargarse deste congreso médico.
A cita será no edificio Cersia de Santiago de Compostela e servirá para actualizaren coñecementos e mostrar novas técnicas aplicables na práctica diaria.
Os distintos xeitos de acoso e os perigos aos que se enfrontan os menores na internet e nas redes sociais; o Big Data e os avances tecnolóxicos que están a cambiar o modo de exercer a medicina; o método de exploración dun neno con anomalías conxénitas, talla baixa e discapacidade intelectual; e o diagnóstico e tratamentos para os problemas cutáneos son os catro eixos do seu programa.
Relatores destacados xuntaranse na capital de Galicia, nunha xornada que tamén acollerá a asemblea xeral da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria, que preside a doutora Teresa Valls Durán.
Tarefas de Trevisani neste congreso médico de AGAPAP
Entre os traballos da empresa de eventos Trevisani para este congreso médico de AGAPAP están:
- Secretaría técnica
- Dinamización e confirmación de asistencias
- Reservas e xestión de relatores
- Xestión de patrocinios e colaboradores
- Apoio a comunicación e gabinete de prensa
- Personal auxiliar e azafatas