Reunión da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria, congreso médico en Santiago

congresos-medicos-eventos-galiciaO colectivo de médicos pediatras galegos de atención primaria reuníronse na súa IX reunión anual da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (AGAPap), que se celebrou en Santiago de Compostela.

Trevisani foi a secretaría técnica deste evento e tamén traballou en apoio á comunicación, asistencia ao directo, control de inscricións, supervisión de traslados e aloxamientos…

Aspectos como a desmotivación profesional, as alerxias alimentarias, as doenzas  autoinflamatorias ou os trastornos dixestivos dos cativos foron o eixo dos seus distintos relatorios e seminarios.

En palabras de Teresa Valls, presidenta da Asociación, “o obxectivo da nosa xornada é pornos ao día en diferentes parcelas e tratar temas que están a gañar protagonismo nos últimos anos”.

O congreso médico acadou unha notable atención nos medios de comunicación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *