O sábado 21 de abril celébrase a XII Reunión Anual da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria
Vacinas, velenos, exploración bucal ou síncopes nos nenos, entre os temas que se tratarán neste congreso médico
O colectivo de pediatras de atención primaria de Galicia reunirase o sábado 21 de abril na XII Reunión Anual da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria AGAPap.
O congreso médico desenvolverase no edificio Cersia de Santiago de Compostela
Apunta a doutora Amparo Rodríguez Lombardía, presidenta de AGAPap: “Os pediatras galegos reunímonos para actualizar coñecementos sobre temas de utilidade para as nosas consultas, impartidos por especialistas de recoñecido prestixio nas súas respectivas áreas de coñecemento. Esta reunión supón un espazo no que compartir as nosas inquietudes nestes momentos complicados para a Pediatría de Atención Primaria”.
A reunión comezará con “Conversacións co experto” co tema “Actualización de vacinas: xeralidades e propostas do comité asesor de vacinas da Asociación Española de Pediatría”, impartido polo doutor Manolo Merino Moína, vogal do comité asesor de vacinas da Asociación Española de Pediatría e participante do grupo PrevInfad da AEPap.
A continuación terá lugar un seminario práctico sobre “Últimas pautas de actuación na exploración bucal de nosos pequenos pacientes”, presentado polos doutores Ana Fernández Celemín e Francisco Sánchez González-Dans, odontopediatras na Coruña.
Xa pola tarde falarase de cardioloxía e síncopes e nos nenos.
O doutor Javier Pérez-Lescure, xefe da área de Pediatría e Neonatoloxía do Hospital Universitario Fundación Alcorcón Madrid, con Acreditación en Cardioloxía Pediátrica, impartirá o seminario “Na vida nada é para sempre e os síncopes non sempre son vagais”.
O relatorio “O veleno na literatura policíaca” servirá como peche; impartirao o doutor Alfonso Velasco Martín, profesor emérito de Farmacoloxía, académico de número e secretario xeral da Real Academia de Medicina y Cirugía de Valladolid.
Ao longo da xornada, celebrarase tamén a Asemblea Xeral de AGAPap e coñeceranse os novos cargos da súa xunta directiva.
Sobre a Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria AGAPAP
A Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria naceu en 2005 para dinamizar e ilusionar o traballo dos pediatras de atención primaria, mellorar a calidade das súas condicións de traballo e dignificar a súa imaxe como profesionais cun alto nivel de formación.
AGAPap, que conta con máis de 200 socios, forma parte da Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria (AEPap), pero actúa de xeito autónomo para acadar os seus obxectivos comúns.
Tarefas de Trevisani neste congreso médico
A empresa de organización de eventos Trevisani asume:
- Secretaría técnica
- Comunicación e prensa
- Contacto con congresistas
- Azafatas e persoal auxiliar
- Atención durante o congreso médico
Folleto da XII Reunión Anual da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria AGAPap