Congreso Innova FP Galicia

innova1O evento Innova FP Galicia reúne propostas novidosas que se desenvolven en centros educativos galegos

Trevisani estivo presente no Congreso Innova FP Galicia. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, volveu a confiar na experiencia desta empresa para a realización deste encontro, cuxos obxectivos son xerar innovación no centros de formación profesional, mellorar a súa xestión e destacar a actividade innovadora en Galicia.

Celebrouse na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de febreiro de 2016. Un total de 57 proxectos participaron no congreso, entre os que se atopan un motor que funciona con hidróxeno ou fornos que cociñan con enerxía solar.

A continuación, as actividades levadas a cabo por Trevisani neste evento:

  • Apoio a protocolo e relacións públicas
  • Apoio ao directo
  • Persoal auxiliar
  • Secretaría técnica de relatores

Todas as fotografías foron realizadas por Sara Valcárcel (Cidade da Cultura).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *