Congreso FPInnova 2017, evento para a innovación no ensino profesional en Galicia

Dron en FP Innova Galicia 2017A Cidade da Cultura de Galicia acolleu o II Congreso FP Innova Galicia, que recibiu a visita duns 7.000 alumnos galegos de formación profesional

O evento FP Innova Galicia, promovido dende a Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, contou co traballo de Trevisani.

‘FP Innova Galicia’ amosou 40 proxectos innovadores, nos que participaron 23 centros educativos e 30 empresas, do 10 ao 12 de maio.

A feira xuntou no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela a un total de 250 alumnos.

Deron a coñecer, a través de actividades demostrativas, os 32 proxectos que desenvolveron na aula.

Estes alumnos tamén amosaron as 8 miniempresas creadas ao abeiro do programa Eduemprende.

Os 7.000 alumnos e alumnas mobilizados puideron comprobar as potencialidades que hoxe presenta o ensino profesional, a nivel de innovación, competitividade e empregabilidade.

No Congreso tamén se reuniron autoridades educativas de distinto países europeos e comunidades autónomas, ademais de empresarios.

Presenza internacional no congreso FP Innova Galicia

Deste modo, nas mesas redondas falaron a directora de programas da axencia Brainport Development, N.V. dos Países Baixos, Yvonne van Hest; ou o delegado rexional do Instituto de Emprego e Formação Profissional da Região Norte de Portugal, António Leite.

O programa tamén contou con 19 talleres de innovación vinculados cos proxectos expositivos.

Traballos de Trevisani no II Congreso FP Innova Galicia

Entre as tarefas desenvolvidas dende a empresa de organización de eventos e congresos Trevisani neste Congreso FP Innova Galicia estiveron:

  • Secretaría técnica de relatores
  • Apoio a protocolo e relacións públicas
  • Coordinación de directo
  • Persoal auxiliar e azafatas
  • Secretaría técnica de centros

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *