A terceira edición do congreso FP Innova reuniu a máis de 8.000 persoas
A empresa de organización de eventos Trevisani traballou, novamente, neste evento educativo
A terceira edición do Congreso FP Innova 2018 de Innovación na Formación Profesional mobilizou máis de 8000 persoas os días 25 e 26 de abril, un grande esforzo coordinador no que traballou o equipo de Trevisani.
As virtudes da Formación Profesional en Galicia e a innovación foron a cerna desta importante cita, na que se pon en valor tamén as posibilidades de inserción laboral que ofrece.
Foron 25 centros educativos os que se achegaron ata á Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, para este evento no que se amosaron 47 proxectos, 30 de innovación e 17 de miniempresas.
Ademais, o Congreso contou con 6 aulas con obradoiros interactivos, a Zona Eduemprende, aulas 3D e unha xornada formativa.
Todo nunha superficie expositiva de 4.100 m2, distribuída nos andares -1 e 0 do Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.
Quen foi ao Congreso FP Innova?
Estudantes, profesores, persoal de administración, empresarios e relatores compartiron os espazos desta grande cita organizda pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
6 aulas con obradoiros interactivos Zona eduemprende Aulas 3D Stand FP Xornada formativa