Trevisani traballa no Congreso Internacional Euro-Par 2017
Santiago acolle entre o 28 de agosto e o 1 de setembro o Congreso Internacional Euro-Par 2017, European Conference on Parallel and Distributed Computing
Euro-Par 2017 é un evento para presentaren e debatiren sobre os últimos avances científico-técnicos en computación paralela e distribuída a nivel global.
O Congreso Internacional Euro-Par 2017 está acreditado coma un dos foros de maior impacto do mundo na súa temática e o máis importante dos que teñen lugar no continente europeo.
Así, sitúase actualmente nos postos máis altos dos ránkings de congresos de informática.
A súa 23ª edición chegará a Galicia da man do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela).
A empresa de organización de eventos Trevisani traballa nesta cita en múltiples tarefas.
Concretamente, o evento está organizado polos investigadores adscritos ao centro Francisco Fernández Rivera, Tomás Fernández Pena, José C. Cabaleiro e máis Dora Blanco, membros do Grupo de Arquitectura de Computadores (GAC).
Temáticas do Congreso Internacional Euro-Par 2017
Euro-Par 2017 aborda distintos aspectos relacionados co mundo da computación paralela.
Desde cuestións teóricas sobre os supercomputadores, os procesadores de última xeración, as tarxetas gráficos ou as redes de interconexión, ata a programación de aplicacións destinadas a dar resposta a problemas de alta demanda computacional.
En particular, no congreso quérense salientar temas como o paralelismo en sistemas multinúcleo, a computación na nube, a computación Big Data ou o consumo enerxético dos grandes supercomputadores.
O congreso contará coa presenza, entre outros, de David Padua, da Universidade de Illinois (EEUU); Ian Foster, da Universidade de Chicago (EEUU); e Jürgen Döllner, da Universidade de Postdam (Alemaña).
Polo que respecta á industria, neste evento Euro-Par 2017 participan tamén compañías tecnolóxicas da talla de Intel ou HP.
Ao longo da conferencia presentaranse 50 traballos, escollidos de entre 177 propostas recibidas de grupos de investigación de todo o mundo.
Por outra banda, na semana do congreso entrarán tamén 10 workshops de temáticas moi específicas.
Unha das principais novidades respecto de congresos anteriores será o concurso de programación paralela dirixido aos novos asistentes ao congreso, que terá lugar nos computadores do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
Tarefas de Trevisani no congreso Euro-Par 2017
Entre as responsabilidades da empresa de organización de eventos Trevisani no congreso Euro-Par 2017, están:
- Secretaría técnica
- Personal auxiliar e azafatas
- Apoio en protocolo e relacións públicas
- Produción