Health Innovation International Meeting, congreso de innovación médica en Santiago
A empresa de eventos Trevisani encargouse da secretaría técnica deste congreso
A innovación en materia sanitaria foi o eixo do Health Innovation International Meeting, un congreso dividido en dúas xornadas que reuniu no Pazo de Congresos de Santiago a numerosos expertos, responsables na xestión e profesionais da materia de distintos países da Unión Europea.
Dous grupos europeos, o proxecto Ecoquip e o consorcio LifeKIC, aproveitaron a súa celebración para reunir os seus membros enSantiago.
Trevisani encargouse da secretaría técnica e de apoio en labores de comunicación desta cita promovida dende a Consellería de Sanidade.