O Congreso “50 anos de Economía en Galicia” contou con 44 destacados relatores
O congreso é dun dos eventos principais no programa conmemorativo dos 50 anos da posta en marcha dos estudos de Economía en Galicia
O Congreso “50 anos de Economía en Galicia” celébrouse os días 12 e 13 de abril, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.
Este importante evento académico contou con 13 sesións nas que tomaron parte 44 relatores entre os que se atoparon empresarios, economistas, xestores públicos e académicos.
En palabras da decana Emilia Vázquez: “Queremos dar a coñecer á sociedade a importancia que para o seu desenvolvemento teñen os nosos estudos, e pensamos que a mellor forma é mostrar, con exposicións de distintas temáticas, cal é a situación actual da economía galega e a súa evolución nos últimos anos”.
Ao Congreso “50 Anos de Economía en Galicia” anotáronse 150 inscritos que salientaron a alta calidade dos debates posterior ás distintas mesas.
A partires do seu contido e conclusións prepararase un número especial da Revista Galega de Economía.
Xa que logo, trátase dun dos eventos principais no programa conmemorativo dos 50 anos da posta en marcha dos estudos de Economía en Galicia, que se celebra durante todo o curso.
A empresa de organización de eventos Trevisani traballa arreo nesta conmemoración.
Angueiras de Trevisani no Congreso “50 anos de economía en Galicia”
- Secretaría técnica
- Xestión de relatores
- Produción
- Apoio en protocolo e relacións públicas
- Deseño de imaxe e identidad gráfica
- Comunicación e relación coa prensa
- Realización de recursos e materiais
- Contidos para portal web
- Xestión de redes sociais
- Azafatas e personal auxiliar
- Fotografía