O Xacobeo celebra o ciclo “Conferencias con Solidariedade”

Cartel Conferencias Congreso en Santiago de CompostelaCon motivo do Ano da Misericordia, o Xacobeo celebra o ciclo de Conferencias con Solidariedade

Trevisani está a traballar co Xacobeo para levar a cabo o ciclo de Conferencias con Solidariedade. Trátase dunha serie de cinco relatorios protagonizados por persoeiros que destacan polo seu compromiso coa sociedade e que son un exemplo de solidariedade.

A segunda cita do ciclo, que tivo lugar o mércores, 13 de xullo, correu a cargo de Manuel Branco, un dos bombeiros que traballan no Mediterráneo, na illa de Lesbos, axudando aos refuxiados. É tamén cofundador e vicepresidente da asociación Proem-AID.

O resto de conferencias do ciclo iranse desenvolvendo durante os próximos meses, os días 7 de setembro, 5 de outubro e 10 de outubro.

Pola súa banda, a primeira conferencia reuniu a representantes de distintas organizacións de Santiago de Compostela ―Asemblea de Cooperación pola Paz, Cáritas, Entreculturas e Enxeñeiros Sen Fronteiras―, quen compartiu testemuños de primeira man sobre a súa actividade diaria.

Traballos de Trevisani neste Congreso

Para este ciclo de conferencias, Trevisani levou a cabo as seguintes tarefas:

  • Conceptualización do ciclo
  • Xestión e selección de relatores
  • Protocolo e relacións públicas
  • Dinamización
  • Persoal auxiliar e azafatas
  • Atención ao directo
  • Deseño, en colaboración con María Pereiró

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *