O ciclo ‘Conferencias con Solidariedade’ trae a Santiago persoeiros exemplarizantes
O Xacobeo organiza o ciclo Conferencias con Solidariedade con motivo da celebración do Ano Xubileo da Misericordia
Trevisani foi a empresa elixida para facer realidade este proxecto, conceptualizándoo en cinco exemplos de solidariedade. O protagonistas -ou protagonistas- de cada cita narra a súa experiencia traballando a prol doutros, en campos como a medicina, educación, loita contra a pobreza, etc.
A primeira conferencias correu a cargo dos representantes de distintas organizacións locais de Santiago de Compostela: Lorena Seijo, de Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP); José Anuncio Mouriño, de Cáritas; Pablo Rodríguez, de Entreculturas; y Miño Guerreiro, de Enxeñería Sen Fronteiras.
O protagonista da segunda cita, que tivo lugar o 13 de xullo, foi Manuel Blanco, un bombeiro sevillano que traballa axudando aos refuxiados que chegan por mar á illa de Lesbos (Grecia). Ademais, é cofundador e vicepresidente da asociación sen ánimo de lucro Proem-AID.
O próximo 7 de setembro terá lugar a terceira conferencia deste ciclo, na que estará presente José Antonio Bastos, presidente de Médicos Sen Fronteiras. Bastos falará sobre a labor da súa organización en poboación afectadas por crisis médicas e humanitarias.
As dúas últimas citas celebraránse o 5 e 13 de outubro.
Para este ciclo de conferencias, Trevisani realiza as seguintes actividades:
- Conceptualización
- Xestión e selección de relatores
- Protocolo e relacións públicas
- Dinamización
- Persoal auxiliar
- Atención ao directo