Ourense foi a sede da I Conferencia de Presidentes de Gobernos Provinciais de España

A cidade de Ourense foi a sede da I Conferencia de Presidentes de Gobernos Provinciais de España, organizada en marzo pola Deputación de Ourense da man da Fundación Democracia y Gobierno Local. 

Nesta cita acordouse a creación dunha rede interprovincial de cooperación que comparta, colabore e divulgue estratexias de promoción, coñecemento e información, así como a posta en valor dos recursos propios de cada territorio.

Na declaración institucional conxunta que se presentou no seu acto de clausura, os presidentes provinciais reivindican o papel da provincia “como verdadeiro ámbito para a prestación de servizos municipais”.

Trevisani participou nesta cita en funcións de secretaria técnica e apoio á Comunicación, Protocolo e Relacións Públicas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *