XII Xornada dos Clubs de lectura de Galicia
Este evento xuntou o profesorado que coordina eses clubs de lectura
O pasado 7 de xuño celebrouse na EGAP Escola Galega da Administración Pública, en Santiago de Compostela, a reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan nese programa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Dende o equipo de Trevisani traballouse nesa xornada en distintos campos:
- Persoal auxiliar e azafatas
- Deseño de imaxe e adaptacións
- Xestión e distribución de materiais
María Reimóndez recibiu durante o congreso o Premio dos Clubs de Lectura 2019, por seres a autora galega máis lida durante o curso 2017/18.
No evento dos clubs de lectura participaron unhas 250 persoas.
Máis información no seu portal web