A Asociación Española Contra o Cancro celebra a súa cea solidaria en Santiago
A cea é un evento solidario na capital de Galicia que conta coa colaboración de Trevisani
O venres 9 de xuño celébrase a Cea Solidaria en Santiago da Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
Será no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia e comezará a partir das 21:30 horas.
As entradas, xa á venda, teñen un prezo de 50 euros e están dispoñibles en Charcutería Seco, Garysom, Joyería Jael, Gimnasio Squash Milladoiro e na propia sede da AECC.
Para os que non poidan acudir, existe a posibilidade de colaborar a través dunha Mesa 0, na conta ES83 2100-2054-41-0200039421.
Nesta ocasión, a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro quere homenaxear polo seu apoio a Verónica Sorribas, Noemí Sanmartín, Tesec e as escolas de hostalaría CIFP Compostela, CIFP Paseo Das Pontes (A Coruña) e CIFP Carlos Oroza (Pontevedra).
Máis de 200 novos doentes e as súas familias sumáronse aos usuarios atendidos pola Xunta Local no 2016.
As súas necesidades de orientación e acompañamento foron atendidas por todos os servizos que presta de balde a AECC en Santiago de Compostela e a súa área de influencia
No 2016 a empresa de organización de eventos Trevisani recibiu o recoñecemento da Asociación pola súa colaboración de anos, que prosigue neste evento.
Colaboración de Trevisani coa cea solidaria da Asociación Española contra o Cancro
A empresa de eventos e congresos Trevisani colabora dende hai anos coa AECC.
Nesta ocasión, entre outros aspectos, aporta:
- Apoio en protocolo e relacións públicas
- Apoio en gabinete de comunicación e prensa
- Apoio en persoal auxiliar e azafatas