Carlos Blanco e viños no último evento do Enocións by Ribeiro
O evento conceptualizado e organizado por Trevisani resultou un éxito e as súas tres sesións esgotaron os seus billetes
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, da man de Trevisani, organizou o ciclo Enocións by Ribeiro na Cidade da Cultura, para reflectir as emocións que xorden durante a peregrinación a Santiago, a través dos sentidos, harmonizando disciplinas artísticas coa degustación de catro viños.
O actor Carlos Blanco ofrece una súa última sesión un monólogo no que estiveron moi presentes o mundo do viño e as emoción ao rematar o Camiño: ledicia, gratitude, afouteza… Ao mesmo, os asistentes puideron gozar con referencias de catro destacadas adegas: Casal de Armán, Reboreda, Viña Costeira e Pazo Casanova e visitaron a exposición Camiño A Orixe.
Guiando a cata estivo o director do Instituto Galego do Viño (INGAVI) e sumiller do restaurante Pepe Vieira, Xoán Cannas.
As tres citas do Enocións by Ribeiro colgaron o “sen billetes” e desenvolvéronse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia. Ademais de Carlos Blanco, contaron con Pepe Solla, Xurxo Lobato, Cristina Alcalá ou DJ Analís, entre outros.
Trevisani conceptualizou e organizou este evento; encargándose de traballos de secretaría, produción, deseño, azafatas e persoal auxiliar ou comunicación, entre outros.