Campaña de Primagas en medios galegos
Primagas continúa coa súa aposta por ampliar o seu espazo no mercado galego
Nestes meses de outubro e novembro, e da man de Trevisani, Primagas está a levar a cabo unha campaña de publicidade con anuncios en distintos xornais, cuñas en radios e spots na Televisión de Galicia.
Na Televisión de Galicia tamén patrocina a emisión de O Tempo, no Telexornal serán.
Primagas incentiva aos seus novos clientes coa posibilidade de gañaren un ano de gas de balde; xa que sorteará tres premios de doce meses de gas gratis, ata un límite máximo de tres toneladas de gas/ano, entre todos os que contraten os seus servizos ata o remate de decembro.
Primagas é unha firma que ofrece solucións enerxéticas eficientes e limpas en zonas non urbanas e que está en fase de expansión, embarcada nun plan que mira especialmente a Galicia.
Trátase dunha empresa presente en España desde hai 20 anos e que forma parte do grupo SHV Energy, líder mundial en gas.