Evento de presentación da actividade social de CaixaBank en Galicia
A entidade financeira CaixaBank presentou en Santiago de Compostela os proxectos e resultados da súa actividade social en Galicia
O Hostal dos Reis Católicos acolleu este acto, no que estivo presente o director territorial de CaixaBank, Marc Benhamou, e a director da Área Social, Marc Simón.
Benhamou anunciou que este ano destinarán nove millóns de euros, un máis que o ano anterior, a programas sociais. Un deles é Igaxes3, unha iniciativa para a inserción laboral de persoas en risco de exclusión social, que xa xerou en 2015 “724 postos de traballo”, segundo lembrou Luís Barreiro, o presidente do instituto.
Estivo presente tamén Mónica Permuy, directora da Fundación Meniños, quen presentou os seus proxectos de protección á infancia para garantir o lecer educativo. Pola súa banda, o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, centrouse no programa Vida independente dirixido á capacitación de persoas con síndrome de Down e potenciar a súa inclusión social.
Marc Simón explicou aos convidados o programa estrela da Fundación Bancaria CaixaBank, CaixaProinfancia, cuxo obxectivo é “superar o círculo de pobreza que se herda e garantir que os nenos teñan un mellor futuro a través do progreso escolar”. Entrará en vixencia nos próximos días nas sete grandes cidades galegas e beneficiará ao redor de 350 familias e a medio milleiro de nenos.
Trevisani tomou parte neste evento á hora de deseñar e montar a escenografía, achegando o persoal auxiliar e a atención no directo.