Primeiro Café Faladoiro sobre o cambio climático

Os “Cafés Faladoiro” queren fomentar a participación cidadá en temáticas de actualidade, coma o cambio climático

Consellería de Medio Ambiente

O martes 6 de febreiro celebrouse o primeiro Café Faladoiro. Unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que arela implicar á sociedade na procura de medidas que mitiguen os efectos do cambio climático.

Neste evento participou Xavier Labandeira, membro do Panel Intergubernamental sobre Cambio Climático IPCC para a elaboración do 5º Informe de avaliación sobre o cambio climático e, catedrático de Economía na Universidade de Vigo.

Relator e asistentes compartiron unha xornada de reflexión nunha ubicación cómoda e cunha escenografía e montaxe creativa ben xeitosos.

O evento desenvolveuse no Hotel AC Palacio del Carmen, en Santiago de Compostela.

Esta iniciativa terá continuidade noutras datas e escenarios, como no ámbito universitario, xa que busca fomentar a participación da cidadanía a través de actividades en materia de cambio climático e sustentabilidade ambiental.

Ademais, no acto destacouse que este ano marcará un antes e un despois en Galicia, xa que vaise presentar o borrador da Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050, un documento multidisciplinar que marcará a liña nesta materia.

Dita folla de ruta estará centrada en crear unha economía baixa en carbono, eficiente e sustentable, na definición de medidas de adaptación aos efectos do cambio climático en Galicia, e na aplicación de medidas de sensibilización da poboación.

Trevisani, no Café Faladoiro

A empresa de organización de eventos Trevisani traballou nesta cita en facetas como:

  • Produción
  • Escenografía
  • Apoio durante o directo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *