O número 8 da revista BenBo, xa á venda

BenBo8-470x260

O número 8 da revista gastronómica BenBo xa está á venda

Entre os proxectos partillados por Trevisani ocupa un lugar ben especial a revista gastronómica Benbo.

Neste último exemplar os protagonistas son os tomates autóctonos galegos, que ocupan un lugar privilexiado na portada.

Xunto a eles, teñen presenza na revista a produción ecolóxica galega, a repostería de orixe árabe, o pan galego, os viños elaborados coa variedade Branco Lexítimo, os produtos da Ulloa, etc.

Doutra banda, están presentes neste número cociñeiros como Alberto Lareo, os enólogos Cristina Mantilla e Emilio Rodríguez, a investigadora Patricia Reboredo…

A revista pódese adquirir tanto en librerías especializadas como a través da páxina web, que tamén informa sobre a actualidade gastronómica galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *