Trevisani colabora, unha tempada más, co Monbus Obradoiro
As azafatas e o persoal auxiliar de Trevisani traballará nos partidos en Santiago
A empresa de organización de eventos e congresos Trevisani volve colaborar co Monbus Obradoiro na tempada 2019-2020.
Trevisani pon o seu equipo de persoal auxiliar e azafatas ao dispor do club, para atenderes autoridades, prensa e público durante os partidos como local.
Nesta campaña, serán 17 os partidos de liga que se desenvolverán en Santiago, no Multiusos Fontes do Sar.
O Monbus Obradoiro será, nesta andaina, o único equipo galego na liga Endesa ACB, a máxima categoría do baloncesto español.
A liga ACB estrearase en Santiago de Compostela o venres 27 de setembro, ás 19.15 horas, cun Monbus Obradoiro – Barça.
As azafatas e o persoal de Trevisani realizan estas tarefas dende o 2017.
Ademais, a colaboración esténdese a distintos eventos impulsados desde o equipo de márketing do club que se poñen en marcha ao longo da tempada.