A XVI Aula Bayer concentra a ducias de profesionais da saúde na Cidade da Cultura

aula-bayer-en-santiago-de-compostelaA XVI edición do Aula Bayer, que tivo lugar o pasado 10 de novembro na Cidade da Cultura, resultou unha experiencia moi rica para os profesionais da saúde

Bayer confiou nos servizos da empresa de organización de eventos e congresos Trevisani para axudarlle na preparación da súa XVI Aula Bayer, celebrada por vez primeira en Galicia, concretamente en Santiago.

As  presentacións, ponencias e charlas que se sucederon ao longo do venres 10, arredor da telemedicina TELEA e do proxecto EMPATTICS contou tamén co apoio da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e da Axencia de Coñecemento en Saúde ACIS.

Xa que logo, a innovación tecnolóxica en saúde foi o fío conductor que vertebrou esta XVI edición.

A apertura do acto correu a cargo do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, ao que seguiu a intervención do Jefe Médico de Bayer España, Ramón Estiarte.

Tamén interviu o Subdirector General de Fomento a la Innovación do Ministerio de Economía, Industria y Competitividad Juan Manuel Garrido Moreno; e Carmen Laplaza, Deputy Head of Unit of the “E-Health, Wellbeing and Ageing” na Comisión Europea.

O resto de convidados falaron tamén de diversos temas en relación ao autocoidado por parte dos pacientes, a telemedicina e a eHEALTH.

A escolma de voces que puideron escoitar os asistentes  a esta XVI Aula Bayer contou con xestores, profesionais, pacientes e empresas tecnolóxicas.

Tarefas de Trevisani na XVI Aula Bayer

Entre as distintas angueiras feitas polo equipo de Trevisani na XVI Aula Bayer estiveron:

  • Secretaría técnica
  • Escenografía
  • Arquitectura efémera
  • Deseño de imaxe e diseño de materiais
  • Fotografía
  • Servizo de entrevistas a relatores
  • Apoio en comunicación
  • Persoal auxiliar e azafatas

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *