Trevisani, premiada pola Asociación Española contra o Cancro

organizacion-eventos-aecc-cancerA xunta local de Santiago de Compostela da Asociación Española contra o Cancro decidíu premiar á empresa de organización de eventos Trevisani, os restaurantes O Retiro da Costiña e Casa Barqueiro, e a instrutora de zumba Eneira León

O venres 3 de xuño a Asociación Española contra o Cancro celebra a súa cea solidaria anual, na que divulga o seu traballo e recada fondos para levalo a cabo.

A cita é na Cidade da Cultura, ás 21:30 horas, e, un ano máis, a empresa de organización de eventos Trevisani colaborará de modo altruísta na súa organización, con azafatas e persoal auxiliar e outros servizos.

Un dos aspectos do evento é o agradecemento que a xunta local de Santiago de Compostela outorga a entidades que colaboran coa AECC, aos que se lles entregan premios e distincións e; nesta ocasión; entre as premiadas atópase Trevisani, pola colaboración prestada durante anos coa Asociación.

Tamén recibirán premios outros colaboradores, como son os restaurantes O Retiro da Costiña e Casa Barqueiro, e a instrutora de zumba Eneira León.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *