#Animar non é berrar, un evento para loitar a prol da igualdade no deporte de base impulsada dende o Proxecto IRIS

imagen-animar-non-e-berrarO evento Animar non é berrar celebrarase o 17 de novembro no IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago e reunirá estudantes de distintos centros e os distintos actores implicados na materia

O 17 de novembro celebrarase #Animar non é berrar, un evento desenvolvido dende Trevisani no que se quere fomentar a igualdade no deporte de base e loitar contra o racismo e as discriminacións, cun sorriso na cara e de xeito divertido.

Para elo reuniranse no IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago os distintos actores que conforman a realidade do deporte de base: deportistas, formadores, autoridades, profesores, alumnos …

Destacados deportistas explicarán a súa experiencia, ao tempo que a actriz Isabel Risco conducirá unha xornada que contará con dúas sesións, a primeira de 10:45 a 11.30 horas; e a segunda, de 11:35 a 12:20 horas.

#Animar non é berrar enmárcase dentro do Proxecto IRIS (http://iris-sport.eu/), unha iniciativa financiada pola Unión Europea dentro do Programa Erasmus + que, a nivel español, está desenvolvido dende o Grupo de Investigación Stellae (http://stellae.usc.es/) da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago.

Este Proxecto IRIS, Recursos de aprendizaxe innovadores para fomentar a igualdade no deporte de base, afrontando incidentes de discriminación, racismo e violencia, conta tamén conta con entidades e universidades doutros países como Grecia, Finlandia, Hungría e Bulgaria.

As persoas interesadas, ben relacionadas coa formación deportiva e centros de ensino ou nais e pais que queiran acudir a algunha das sesións, aínda poden apuntarse,.

Para elo deben consultar coa organización no teléfono 981 569 196 ou no correo electrónico eventos@trevisani.es . A entrada é de balde.

Entre os traballos desenvolvidos pola empresa de organización de eventos Trevisani para #Animar non é berrar están:

  • Conceptualización do evento
  • Secretaría técnica
  • Deseño de escenografía e imaxe
  • Produción
  • Protocolo e relacións públicas
  • Comunicación
  • Personal auxiliar e azafatas
  • Control, dinamización e confirmación de asistencias
  • Soporte ao directo

Que é o Proxecto Iris?

O Proxecto IRIS (Recursos de aprendizaxe innovadores para fomentar a igualdade no deporte de base, afrontando incidentes de discriminación, racismo e violencia), é unha iniciativa financiada pola Unión Europea dentro do marco do Programa Erasmus +.

Desenvólvese en colaboración con diversas entidades e universidades de países como Grecia, Finlandia, Hungría e Bulgaria.

O campo de actuación deste proxecto céntrase na información, participación e formación activa respecto aos incidentes de discriminación e racismo no eido do deporte de base.

Que obxectivos ten?

Débese ter en conta que os deportes son una parte fundamental e integral da nosa sociedade actual, e o impacto deste tipo de incidentes poden ser enormes, sobre todo en nenos/as de corta idade.

Así, os obxectivos do proxecto IRIS están aliñados co novo Código de Ética do Deporte (UNESCO, 2010), o cal  anima aos profesores/as de educación física e instrutores/as a outorgarlle á ética deportiva un papel central nos programas escolares.

Deste xeito o proxecto IRIS ten como obxectivo nuclear informar a adestradores/as e ao profesorado de Educación Física sobre como identificar os problemas subxacentes de discriminación, racismo e violencia, e deste xeito formalos e aportarlles novos enfoques didácticos coa finalidade de previr ditos fenómenos.

Ao mesmo tempo, tamén busca proporcionarlles ferramentas didácticas para que poidan aplicar e integrar estes novos enfoques nas actividades cotiás do deporte na escola.

Porén, este proxecto diríxese tamén a outro tipo de grupos coma: atletas, líderes de equipos deportivos, sociedades deportivas e comunidades e autoridades deportivas locais e rexionais.

Do mesmo xeito, este proxecto persigue acadar uns obxectivos e fins tales como:

– Informar a profesores/as de Educación Físicas e adestradores/as de como identificar problemas de discriminación, racismo e violencia.

– Comprender os principios do código ético do deporte.

– Formar a través de novos enfoques didácticos para tratar e previr estes fenómenos.

– Proporcionar ferramentas educativas para aplicar e integrar estes enfoques cada día nas actividades escolares e deportivas.

– Capacitar o manexo das emocións infantís asociadas coa participación en actividades deportivas.

Que realiza para levar a cabo os seus obxectivos?

Para acadar os obxectivos do Proxecto IRIS, habilitouse una plataforma de formación multilingüe (grego, húngaro, español, finés e búlgaro) onde os interesados en participar non teñen máis que acceder a recursos de aprendizaxe (tanto módulos temáticos como ferramentas educativas).

Esta actividade está deseñada coa finalidade de desafiar e enganchar aos estudantes a través dunha combinación de aprendizaxe dirixido e de aprendizaxe baseado na investigación e narrativa persoal.

Moitas das actividades céntranse na discusión e o seu obxectivo é o de levar aos estudantes a unha comprensión máis profunda da discriminación e da diversidade cultural.

Esta plataforma de formación cubre áreas relacionadas coa pedagoxía, a psicoloxía, asuntos sociais, deportes ou ética, que abordan o estado actual dos incidentes de violencia, racismo e intolerancia e como poden afrontarse e previrse en idades temperás.

Ademais, dende que se iniciou xa o proxecto, e ao longo do tempo, continuouse coa súa mellora a través da realización dun manual dirixido aos adestradores e profesorado de educación física para axudarlles na identificación de incidentes críticos que teñen que ver co racismo, o acoso ou a violencia.

Outra iniciativa foi a creación dun cómic destinado para os nenos e nenas de entre 6 e 11 anos de idade, que ten como obxectivo achegar aos máis novos as boas condutas no deporte a través de pequenas historias.

Do mesmo xeito, tamén se desenvolveu un videoxogo dirixido aos adolescentes onde se lle mostran situacións de discriminación para que as vaian resolvendo de forma didáctica.

Evento Animar non é berrar en Santiago de Compostela

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *