Ana Trevisani participa na presentación de Galicia MICE en Barcelona, como directora de OPC Galicia
OPC Galicia, a Asociación de Palacios de Congresos de Galicia, HOSPECO, ASEHOPO e Galicia Destino Golf únense na promoción da comunidade galega como destino turístico de congresos e eventos a través da guía sectorial GALICIA MICE
Ana Trevisani, presidenta da Asociación Gallega de Organizadores Profesionales de Congresos, OPC Galicia, sinalou na presentación internacional de GALICIA MICE na feria IBTM World en Barcelona, que o sector prevé pasar dos 70 millóns de facturación, fronte aos 60 millóns en 2017 e tamén superar a organización de máis de 1.500 eventos durante 2018.
No acto conducido pola presentadora Silvia Jato, entregouse aos asistentes a guía GALICIA MICE, que reúne a oferta para a organización de congresos, reunións, incentivos e feiras na comunidade galega.
A presentación de GALICIA MICE en Barcelona reuniu a máis de 150 axentes e compradores das principais empresas internacionais.
O acto foi presidido por Nava Castro, directora da Axencia Turismo de Galicia, e contou coa presencia tamén de Enrique Pena, director da Asociación de Palacios de Congresos de Galicia, en representación del Clúster Turismo de Galicia.
Nava Castro destacou os preto de 300 establecimientos e servicios recoñecidos coa Q de Calidad Turística que pertencen a esta comunidade e que constitúen un destino cada vez máis competitivo.
Galicia conta con 61.616 plazas hoteleras, 13 palacios de congresos e recintos feriais, 84 museos e 14 conexións internacionais, (22 en verano).
O acto promovido por OPC Galicia, a Asociación de Palacios de Congresos de Galicia, HOSPECO, ASEHOPO e Galicia Destino Golf. Da continuidade á alianza establecida xa en 2016 entre estas entidades, co fin de reforzar o posicionamiento de Galicia como destino de congresos e eventos de tódalas dimensións.