Celebración dos primeiros 25 anos da Denominación de Orixe Monterrei
A empresa de organización de eventos Trevisani foi a encargada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei para preparar a cita do seu 25 aniversario
O Castelo de Monterrei foi o marco para este grande evento que serviu para celebrar o primeiro cuarto de século de andaina da entidade e que xuntou máis de 250 persoas entre adegueiros, viticultores, autoridades e profesionais do sector
O acto serviu tamén para lle render unha homenaxe ao catador Juan Ramón Fuentes Lorenzo, o viticultor Felisindo Prieto Arcos e a Adega Ladairo; estes tres profesionais representaron ao conxunto do sector que leva a traballar desde o comezo para a posta en valor dos seus viños.
Baixo o lema “25 anos ao noso lado”, o evento estivo conducido pola presentadora lucense Silvia Jato que, ao longo da noite, foi dando paso a varios vídeos elaborados dende Trevisani para a ocasión nos que se percorreron o presente, pasado e futuro desta denominación de orixe galega.
Xabier Díaz e os Irmáns Álvarez encargáronse da música na gala.
Tarefas de Trevisani neste evento
Entre os distintos traballos artellados dende Trevisani para esta gala do 25 aniversario da D.O. Monterrei estiveron:
- Conceptualización
- Apoio en Protocolo e Relacións Públicas
- Secretaría técnica
- Confección e actualización de bases de datos
- Secretaría técnica permanente e confirmacións
- Deseño de escenografía e produción
- Xestión de axenda
- Contratación de artistas
- Colaboración na comunicación e difusión do evento
- Elaboración de vídeos para o evento
- Xestión do directo
- Persoal de apoio (azafatas e persoal auxiliar de relacións públicas)