Os nosos Servizos
Todo o que ten que ver cos eventos; incluso iso que ninguén fixo antes. O imposible, o difícil, o que outros non prometen. Todo iso e máis, á túa disposición:
Os mellores escaparates, cos mellores profesionais
Congresos e feiras
Secretarías técnicas. Mailings e xestión de inscricións. Xestión de relatores. Xestión de exposicións comerciais e patrocinios. Organización de programas sociais. Reunións de empresa. Grande e pequeno formato.
O teu éxito é a nosa mellor publicidade
Protocolo e relacións públicas
Deseño de actos: galas, presentacións, inauguracións… Xestión de rr.pp. adaptada a cada acto. Creación e mantemento de BB.DD. Seguemento e confirmacións de asistencias. Ordenamento protocolario. Protocolo de actos multitudinarios: entregas de premios, estreas cinematográficas, concertos… Coordinación de equipos de traballo.
Todos os aspectos técnicos do teu evento, ao detalle
Produción de eventos
Produción e montaxe de eventos. Localizacións. Escenografías, deseño e montaxe. Servizos técnicos (iluminación, imaxe, son, …). Estruturas efímeras. Alugamento e montaxe. Rotulación e cartelería. Ambientación e decoración. Merchandising. Catering.
Queremos pór en valor o teu evento
Estratexias de comunicación
Deseño e posta en marcha de campañas específicas, adaptadas á comunicación de cada evento. Campañas de posicionamiento de produtos no mercado. Campañas de dinamización social, cultural… Comunicación e xestión de medios de cada proxecto. Gabinete de prensa.
Porque sabemos facer as cousas con agarimo
Incentivos
Deseño personalizado de actividades e programas: cultura, enogastronomía, moda, deporte, ocio activo, espectáculos… Asistencia personalizada e exclusiva. Operativa de traslados. Xestión de estancias.
E se necesitas máis apoio, buscámolo
Recursos Humanos
Ademais do staff habitual, contamos cun equipo de auxiliares en diversas áreas: coordinadores e responsables de grupos, azafatas e auxiliares de protocolo e rr.pp., azafatas e auxiliares bilingües, guías, intérpretes, técnicos.