Twitter, a “amizade perigosa” dos eventos
Conta a lenda que fai moito tempo Internet non existía. ¿Lembrádesvos? Por aquel entón viviamos a outro ritmo e as redes sociais non necesitaban conexión. Aínda que temos que confesar que fomos dos primeros en engancharnos a iso que chaman Twitter. Esta rede social é unha potentísima forma de comunicación que, grazas á súa rapidez e alcance, resulta moi útil para dar a coñecer calquera tipo de información. Así que axiña entendimos que eventos e Twitter debían ser grandes amigos.
Cales son as vantaxes de facer o teu evento, un evento 2.0?
Supoño que concordaredes con nós ao pensar que canta máis xente se entere do voso evento, mellor. E iso é o que nos da Twitter: difusión e, por tanto, maior notoriedade.
1. Os asistentes ao teu evento non dudarán en twittear en tempo real as súas impresións. Así que a mejor opción será crear un hashtag para que o seguemento do que están comentando en Twitter sexa más sinxelo. E se ves que ninguén se anima a comentar, pídello directamente.
Así, case sen darnos conta, estaremos facendo marketing en tempo real. Non se trata de fartar aos twitteros con contidos pouco importantes, xa que terminarán cansando, senón de ofrecerlles información útil, como por exemplo, cal é a actividad que virá a continuación.
Iso si, debes ser consciente de que tanto poden usar Twitter para falar ben do teu evento como para botalo abaixo. É unha situación perigosa, así que o mellor será confiar en profesionais con experiencia que saiban encarar este tipo de situacións, reaccionar axiña e xestionar as crises de reputación o mellor posible.
Por outro lado, recorda indicar a túa conta Twitter en todos os soportes que vaias utilizar: folletos, carpetas, carteis,… Así poderán comunicarse directamente contigo.
Pero o máis importante de todo é que vos aseguredes de que onde se vaia celebrar o evento, congreso ou feria haxa conexión WiFi. Imaxinades chegar alí e que toda a vosa estratexia dixital se vexa abocada ao fracaso?