O turismo de congresos aumenta en España un 15% en 2015

Congresos Galicia

O pasado ano rexistrouse, segundo os primeiros datos da Spain Convention Bureau, un aumento do 15% en turismo de congresos en España. O número de reunións chegou a case as 22.000, e o número de asistentes creceu nun 11 %, preto dos catro millóns. No mesmo informe da SCB, repásanse os datos de 2014: 56 destinos asociados á organización acolleron 19.084 reunións, ás que asistiron 3,65 millóns de persoas, un 6,6 % máis que en 2013.

Datos positivos para o sector, que tras algúns anos de reaxuste e cambios debidos á crise, parece que remonta en cifras totais de volume de negocio. España volve situar dunha maneira clara como destino para este tipo de eventos, incluíndo a Galicia tamén como comunidade autónoma receptora. Os elementos que van marcar clarísimamente o atractivo das localizacións, son os seguintes:

-Infraestruturas: espazos públicos e privados que poidan acoller eventos de gran capacidade e mantendo un bo nivel de calidade e extras. Ademais de salas de conferencias e edificios ben equipados, os organizadores de congresos requirirán un equipo multimedia completo, bos servizos de catering e un equipo preparado para atender a un gran número de profesionais esixentes.

– Prezos hostaleiros locais: unha ampla oferta hostaleira na localización, con tarifas competitivas e de gama alta, acorde coas necesidades dos profesionais que asistirán ao congreso. É importante, ademais, que a cidade destino dispoña de diversas opcións, máis clásicas e máis modernas.

– Ligazóns domésticas Madrid-Barcelona: unha boa conexión aérea coas dúas grandes cidades españolas facilitará a planificación de viaxes dos asistentes, que sempre poderán chegar á localización a través de voos de conexión. É importante que as compañías que operen dispoñan de clase business.

– Conexións transporte público e estradas: outra das claves é un acceso sinxelo a través de autoestrada ou estrada en bo estado, e en paralelo boas conexións en transporte público, xa sexa vía autobús ou vía tren.

– Oferta de lecer e gastronomía: a miúdo os congresistas viaxan acompañados da súa familia, e por iso os congresos deben ofrecer un planning de actividades complementarias para que se poidan entreter durante as xornadas do evento. Oferta de comercio e tendas, e unha gastronomía variada e de alta gama son claves.

Santiago de Compostela, A Coruña ou Vigo, son cidades de Galicia que reúnen todos os requisitos necesarios á hora de celebrar unha cita destas características.

Trevisani pertence á Federación Española de Asociacións de Empresas Organizadoras Profesionais de Congresos (OPC España). Somos expertos na organización de eventos corporativos e feiras dun gran volume. Se necesitas axuda, somos o equipo que estabas a buscar. Tomámonos un café?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *