Tips para promocionar o teu evento en redes sociais
A día de hoxe é inimaxinable enfocar un evento e deixar de lado as redes sociais. Se queremos triunfar debemos somerxernos de cheo nese universo ao que chamamos Internet.
E non só durante o evento son imprescindibles as redes, senón que tamén é preciso realizar accións previas para dalo a coñecer, é dicir, onde o vas a realizar, en que datas, ou mesmo para informar de que tipo de evento se trata Por iso dende Trevisani propoñémosche estes tips para optimizar o uso das redes sociais en calquera evento.
Crea un perfil nas redes sociais máis utilizadas
Neste caso, falamos de Twitter, Facebook e Instagram. Cada unha delas ten unhas características ás que adaptar o noso contido. Twitter emprégase para información ao minuto, concisa; Instagram é basicamente para material gráfico (fotos e vídeos) e, pola súa banda, Facebook combina ambas e é perfecta para mostrar contido máis extenso.
Fai streamings
Mostra ao teu público que se está cociñando antes de que chegue a celebración do evento, por exemplo, o día do acto de presentación. Ademais, os teus seguidores que non puideron asistir, agradeceranche que o día da inauguración lles ensines como pinta o espectáculo. Por último, elixe actividades que se van a levar a cabo no propio evento que poidan ser de interese e tamén de aí poderás sacar material para un streaming.
Crea un #hashtag
Utilíza o hashtag durante o evento e anima aos participantes a que tamén o fagan. Debe ser sinxelo, comprensible, que non deixe lugar a dúbidas, pero ao mesmo tempo ha de ter gancho. É dicir, non poñas simplemente #nomedoevento, dálle unha volta e emprega palabras que nos remitan ao acto.
Interactúa cos participantes
Contesta, comparte, retuitea, dálle a gústame. Non hai nada mellor que un community manager enrolado que se mostre próximo co público. Por exemplo, aínda que non se trate dun evento, o community manager máis famosos de todo Twitter era Carlos, a cabeza detrás das redes sociais da Policía Nacional. Tamén o de Cruzcampo, a cervexa, é considerado un gurú na materia.
Non as abandones
Se tes pensado celebrar máis edicións, non deixes que as túas redes caian no esquecemento, pois xa viches todo o que custa sacalas adiante e facerse un oco nelas. Segue compartindo contido relacionado coa temática do teu evento aínda que o fagas de maneira un pouco máis puntual, xa sexan noticias, outros eventos, novidades do sector, etc.
Se estás a pensar en organizar un evento, non dubides en poñerte en contacto connosco, que che asesoraremos sobre todas aquelas cuestións que necesites para que saia perfecto.