Luces, música & acción: Outra forma de sentir os eventos
Hoxe en día é imposible non tentar buscar ideas innovadoras que fagan o noso evento diferente e memorable para os alí presentes. En ocasións caemos no erro de pensar que só podemos conseguilo mediante accións caras e de custosa elaboración,cando en ocasións, o sinxelo é o que funciona. Algo tan sinxelo como incorporar un pouco de música no teu evento pode darlle un toque especial e que a xente lembrará.
Un exemplo claro disto, é incluír espectáculos en directo. Estes fan sentir ao espectador único e especial. Xa que están a consumir algo fugaz, que só eles están a poder gozar nese momento.
Son moitos e variados os tipos de espectáculos que podemos incluír no noso evento, todo depende do tipo de evento que queiras crear e ao tipo de público ao que che queiras dirixir. Desde Trevisani, queremos facer un pequeno repaso de como se pode introducir a música e os espectáculos en directo nun evento:
-Mediante un grupo musical: Un grupo ou varios (dependendo da duración do evento) que toquen en momentos puntuais ou que sirva como música de ambiente. Ademais de amenizar o evento, esa actuación tamén pode utilizarse para a evasión do oínte, un minuto de break que sirva aos asistentes para evadirse durante uns minutos para despois poder volver centrarse nos temas que se tratan no evento coas enerxías renovadas.
-Algo máis elaborado que inclúa maxia ou acrobacias: Son moitas as opcións que se poden incluír neste apartado: danza, maxia, acrobacias, contorsionismo, patinaxe… A pesar de ser unha opción máis custosa, é algo que sen dúbida lle dará un valor engadido ao noso evento. Este tipo de espectáculos que se saen un pouco do habitual, é algo que o público lembrará con facilidade e que seguramente comentará ou compartirá nas súas redes sociais posteriormente.
-Música para marcar as diferentes partes do evento: Unha opción máis sinxela pero que igualmente funciona, é a elaboración dunha playlist que conte con música escollida previamente para cada ocasión. Unha música suave e suxestiva para o comezo do evento, daralle unha cálida benvida e unha sensación de confort aos asistentes, unha música máis animada e con acordes máis harmónicos para marcar os breaks, unha música triunfal e máis atrevida para marcar o final…son só algúns dos exemplos que podes incorporar.
-Espectáculo culinario: Con espectáculo culinario non nos referimos a que os camareiros fagan malabares cos pratos, senón a que se o teu evento inclúe algún tipo de comida, non se limite a unha mesa con pratos para picar. Algo tan sinxelo como a cociña en directo, a elaboración das sobremesas ante o comensal ou a incorporación de música de ambiente á hora de comer, é algo que realmente funciona.
-Actuación de peche: Para darlle un bo peche ao evento, podemos incorporar a actuación que escollamos das anteriormente citadas ao final do evento. Poñer un broche de ouro para finalizar o evento, fará que os asistentes se vaian cun bo sabor de boca para as súas casas e sobre todo, cunha gran imaxe do evento ao que acaba de asistir.
Como xa sabedes, desde este blogue, tentamos achegarvos tan só unhas pinceladas das claves para lograr que o teu evento sexa un éxito. Se estás a pensar en crear un evento, estás nas mellores mans, en Trevisani esperámosche!