As 5 claves dun evento gastronómico ben feito
Imaxina por un segundo que abres un restaurante ou que queres presentar o novo viño da túa adega. Podes pensar nunha gran campaña en medios tradicionais. Podes centrar os teus esforzos en redes sociais. Ou en crear unha web. Pero sempre, sempre, buscarás o xeito de chegar aos teus clientes de forma directa. Cara a cara. A estratexia más utilizada para iso son os eventos. De feito, o número de eventos gastronómicos crece día tras día. Pero… a que se debe o éxito deste tipo de accións?
Toma nota:
1. Marketing sensorial
Tal e como sona semella algo complexo. Nada máis lonxe da realidade. O marketing sensorial redúcese ao máis primario do ser humano: a impresionar a través dun olor, un sabor,… Os produtos no só nos entran pola vista, senón tamén polo olfato e, por suposto, polo gusto. Trátase de tocar, oler, probar novos sabores a través de, por exemplo, degustacións.
Nos eventos gastronómicos búscase emocionar. Así que a mellor opción será crear recordos a través do olfato que son mooito máis duradeiros que os visuais. Deste modo empezaremos a traballar a fidelidade (e probablemente a felicidade) dos nosos clientes.
2. Eficacia
Os eventos gastronómicos son un bo medio para captar futuros clientes, aportar valor e xerar confianza en tempo de crisis. Ademais, debes ter en conta que se alguén acude ao teu evento é porque cre que lle podes ofrecer algo interesante.
3. Networking
O networking vai moito máis alá de tomar un café no descanso. Debemos sacarlle o máximo proveito ao feito de ter reunidos a todos os participantes no teu evento arredor dunha mesa. É unha oportunidade única de onde poden saír ideas de colaboración xeniais.
Ademais, a necesidade de ampliar a nosa rede de contactos é imprescindible se queremos dar a coñecer a nosa empresa ou conseguir financiación para o noso proxecto.
4. Impacto
Chegamos ao obxectivo de toda acción de marketing: impactar. Para conseguilo é clave a innovación e xogar co factor sorpresa. Debemos ofrecerlle ao noso público algo (un sabor, unha experiencia) diferente ao que está acostumado. O 50% do éxito dun evento é o que imos a presentar. Así que xa sabes, “innovar ou morrer”.
E recorda: para crear unha conexión moi forte cos teus clientes, non intentes chegar á razón, senón ao corazón.
5. Todo baixo control
Outra clave do éxito de eventos, congresos e feiras reside nunha boa organización. É necesario ter en conta cada detalle e contar coas ferramentas axeitadas para atopar os mejores provedores.
¿Moito traballo? Si, pero en Trevisani facémolo día tras día desde fai máis de 20 anos. Organizamos eventos, feiras, congresos e realizamos tarefas de comunicación, RR.PP. e protocolo desde o noso centro de operacións, Santiago de Compostela.
Na web da nosa axencia de organización de eventos atoparedes unha pequena mostra do noso traballo nos últimos anos. Son exemplos de emocións e lembranzas creadas en xornadas nas que intentamos que nós, vós e eles o teñades pasado ben.