4 chaves das Relacións Públicas 2.0.
Imagen cortesía de photoraidz / FreeDigitalPhotos.net
As RR.PP. (Relacións Públicas) xestionan a comunicación a través dun plan estratéxico que busca o beneficio dunha determinada empresa e, por suposto, dos seus clientes. E para iso, empréganse técnicas milimétricamente pensadas. A era 2.0. fixo imprescindible realizar adaptacións das tarefas tradicionais, buscando ter unha maior visibilidade e alcance:
1. Conversa e cultiva
As redes sociais permítennos atacar directamente o público que nos interesa. O concepto 2.0., que cambia as rutinas do impacto unidireccional á conversación, obríganos a xerar conversacións coninfluenciadores, público e marcas. Non chega con lanzarmos mensaxes e convocar, agora debemos falar, comentar e ter relación co noso target, sexa cal sexa. A vantaxe é que podemos coñecelos mellor, o inconveniente é que debemos dedicar moito máis tempo a esta tarefa.
Tamén é clave que teñamos en conta que hai novos actores con moito peso. Antes famosos, xornalistas ou personalidades eran o noso obxectivo clave. Agora debemos revisar se tuiteros, bloggers e outros personaxes son relevantes para a nosa estratexia.
2. Seduce cos teus contidos
Aínda non sabes que o contido é o rei? Para chamar a atención do noso público obxectivo debemos impactarlles con información propia, xa sexa artigos, vídeos ou outro material audiovisual. Se trata de seducir, achegar, que nos sigan de preto porque aprenden connosco, porque lles sorprendemos ou porque os ilusionamos. Xa non só podemos realizar eventos ou accións, agora a partida a gana o que máis atención consegue.
Usa os teus perfís en redes sociais, pero ten en conta que mediante un blog, por exemplo, poderás mellorar o teu posicionamento natural nos temas cos que che interesa que te relacionen e terás a posibilidade de ampliar a información.
3. Adapta
Outra das vantaxes do momento no que vivimos é a capacidade que nos ofrecen as múltiples ferramentas sociais á hora de adaptar os mensaxes/accións cos que queremos impactar. Realiza un estudo dos teus influenciadores: os seus intereses, que lles chama a atención, en que traballan, onde van, e elixe ben cando vas contactarlles. Agora podes facelo. Cun pouco de traballo planificado conseguirás unha relación estreita con eles e evitar ser pesado.
Se consegues combinar ben as túas accións on e offline, o éxito está asegurado.
4. Mide
Outra das vantaxes do online é que practicamente todo é medible. Crea KPI ´ s (Key Performance Indicators) que che permita saber se estás a executar correctamente a túa estratexia e se está a dar os resultados que che marcaras. Crea métricas adaptadas ao negocio ou sector que estás a traballar, todos teñen particularidades. Xera documentos de seguimento específicos para saber como evoluciona o círculo en que queres entrar. Conseguimos captar a atención do público que nos interesaba? Funcionaron como altofalante? Conseguimos que veñan ao evento que preparamos? Localizamos novos influenciadores? Que fan ou en que están interesados ultimamente?
Non debemos esquecer medir, ademais, o impacto xeral das mensaxes ou repercusión de marca que buscabamos: fans, followers, visitas a web/blog, vendas… Analiza todo o que poida darche pistas de que estás polo bo camiño.
5. A nosa experiencia
En Trevisani levamos anos dedicándonos ás RR.PP. Como sabedes somos unha axencia especializada na organización integral de eventos e como non podía ser doutro xeito, xestionamos as RR.PP. adaptadas para cada acto.
Así que se tes en mente crear un evento, déixao nas nosas mans. Gústanos o noso traballo, nunca nos cansaremos de facelo. E de facelo ben.