Santiago(é)Tapas 2013 dá os seus primeiros pasos

Santiago(é)Tapas 2013

Santiago(é)Tapas celebrará a súa sexta edición do 7 ao 24 de novembro. Esta cita de referencia no mundo galego das tapas está organizada por Hostelería Compostela e patrocinada por Santiago Turismo. Como nas súas cinco edicións previas, Trevisani traballará nesta cita en aspectos como a produción, xestión ou comunicación.

Os establecementos participantes poden apuntarse no concurso ata o 11 de outubro.

As tapas manteñen un prezo de 2 euros e seguirán valorándose a través dos votos nos  posavasos; e los tapasportes continuarán como guía para moverse polas distintas (é)Tapas nas que se dividirá a cidade.

O xurado profesional outorgará catro premios ás tres mellores tapas e un á mellor tapa elaborada con conservas; e o público xeral outros dous: a Tapa do Público e o Premio do Público (é)xcelente ao establecemento máis valorado como experiencia global do cliente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *