Un total de 69 bares e restaurantes, e 111 petiscos, no evento Santiago(é)Tapas


evento-santiago-tapas
Un evento gastronómico de referencia en Santiago de Compostela

O concurso Santiago(é)Tapas é un evento con secretaría técnica, xestión, busca de patrocinios e colaboradores e apoio en comunicación realizada por Trevisani.

A sétima edición desenvólvese do 14 ao 30 de novembro.

A Denominación de Orixe Ribeiro presenta 6 viños de 6 adegas no Santiago é Tapas e os clientes poderán tomar o seu petisco cun deses Ribeiros a prezo conxunto especial de 4 euros. Os Ribeiros que toman parte desta promoción especial son: Pousadoiro (Fernández Rodríguez, S.C.), Casal de Armán branco (Casal de Armán, S.L.), Beade Primacía (A Portela, S.A.T.), Alberte (Bodegas Nairoa, S.L.), Valdepuga (Valdepuga, S.L.) e Terra do Castelo Treixadura (San Roque, S.C.G.).

Ademais, existen 25 entradas individuais de balde para o Concerto Enoacústico Solidario Pablo Carbonell & Ribeiro do 6 de decembro; serán para eles que acrediten ter consumido petiscos con Ribeiro de 20 establecementos, selando na sección correspondente do seu tapasporte.

O Santiago(é)Tapas é unha gran ocasión para descubrir a cervexa 1906 Black Coupage. O xurado profesional será o encargado de distinguir que creación é a que mellor marida co sabor deste novo produto.

As innovacións introducidas nesta edición están a espertar un notable interese, como o aumento da interacción en redes sociais. Turkish Airlines premia a interacción, con 2 viaxes individuais de ida e volta a Turquía entre aqueles que se retraten petiscando xunto ao seu tapasporte e deixen constancia no twitter, co hashtag  #turkishsantiagoetapas ou no facebook, publicando a foto na conta do concurso facebook.com/santiagoetapas .  Un xurado determinará as 2 mellores fotografías. Un modo de dinamizar o evento a través das redes sociais.

Outro dos premios será para a “Tapa con máis chispa”, da man de Coca Cola Iberian Partners, búscase a tapa máis simpática e orixinal.

Tamén esperta curiosidade o Santiago(é)Noite, a oferta complementaria de hostalaría nocturna con creacións exclusivas a un prezo único de 3,5 euros para aqueles clientes que mostren o seu tapasporte.




Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *