Trevisani, jurado en los Premios Eventoplus

feria profesional de eventos y congresos evento days, en Madrid

Ana Trevisani, coma representante de OPC España, formou parte do xurado dos Premios Eventoplus, galardóns que destacan eventos, congresos e accións de relacións públicas e comunicación

Os días 3 e 4 de xullo, Madrid acolleu a edición número 13 de evento days, feira profesional na que se poden coñecer novidades tecnolóxicas, montaxes creativas, tendencias e solucións profesionais para o mundo dos eventos e congresos.

A esta xuntanza desprazouse un equipo da empresa de organización de eventos Trevisani, para visitares o encontro e para participar na Gala dos Premios Eventoplus.

Os Premios Eventoplus

Os Premios Eventoplus distinguen cada ano distintos congresos, eventos e reunións de España e máis Portugal.

Dende a súa organización apuntan que o seu obxectivo é “mellorar, profesionalizar, fomentar as boas prácticas, estimular a creatividade, recoñecer o talento e a implicación de todos os actores (provedores, axencias, clientes) e crear orgullo en sector”.

Esta edición 2018 dos Premios Eventoplus foi moi especial para a empresa pois Ana Trevisani, como representante de OPC España e presidenta de OPC Galicia, formou parte do xurado que seleccionou aos gañadores nas súas distintas categorías:

  • Mellor evento para motivar ou de incentivo
  • Mellor convención
  • Mellor presentación de produto
  • Mellor decoración
  • Mellor comunicación
  • Mellor evento de celebración
  • Mellor presenza en feira / marketing feiral
  • Mellor evento de RRPP
  • Mellor cáterin
  • Mellor animación / espectáculo
  • Mellor evento deportivo
  • Mellor montaxe técnica
  • Mellor evento cultural
  • Mellor evento de promoción
  • Mellor congreso
  • Mellor conferencia
  • Mellor evento con orzamento reducido
  • Mellor  produto novo / servizo
  • Mellor espazo

Desde Trevisani queremos agradecer ao Grupo EventoPlus o contar connosco nesta edición.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *