Novas incorporacións para o Fórum Gastronómico 2013

Fórum Gastronómico 2013

O Fórum Gastronómico 2013, que se celebrará por primeira vez na Coruña da man de Trevisani, contará coa participación dalgúns dos cociñeiros máis importantes do panorama actual, entre os que están as súas 4 últimas incorporacións: Juan Mari Arzak, pioneiro da cociña vasca; o gran chocolateiro mexicano José Ramón Castillo, pasteleiro fundador de Que bo! Chocolatería Mexicana Evolutiva; o galego Iván Domínguez, do Retiro da Costiña; e Ricard Camarena.

Esta edición tamén contará por primeira vez cun Mercado do Pan e o Queixo, o domingo 23 e o luns 24, que permitirá aos visitantes descubrir queixos e pans de calidade producidos por pequenas marcas, e artesáns galegos, e o xa consolidado Mercado do Viño, no que se poderán degustar viños de pequenas adegas galegas.

Entre os relatores de sona xa confirmados cómpre salientar a Josep y Jordi Roca (El Celler de Can Roca); Ángel León (Aponiente); Jordi Cruz (Àbac); Paco Pérez (Miramar); Rodrigo de la Calle (Villa Magna y Rodrigo de la Calle Restaurante); Ricardo Sanz (Kabuki); Josean Alija (Nerua); Álvaro Garrido (Mina); Aitor Arregui (Elkano); Sergio Bastard (Casona del Judío); Marcos Morán (Casa Gerardo); Nacho Manzano; (Casa Marcial); Pedro Martino (Naguar); Alexandre Couillon (La Marine) ou David Toutain (Restaurante David Toutain).

E os representantes galegos: Pepe Solla (Casa Solla); Iago Castrillon e Eva Pizarro (Acio); Javier Olleros (Culler de Pau); Lucía Freitas (A Tafona); Alén Tarrío (Pazo de Altamira); Iago Pazos e Marcos Cerqueiro (Loxe Mareiro e Abastos 2.0); Beatriz Sotelo e Xoán Crujeiras (A Estación); e os coruñeses Eduardo Pardo (Casa Pardo); Diego Bello (Alborada); Chisco de Llano (Culuca); Fernando “Caco” Agrasar (Ás Garzas e Pé Franco) e Luis Veira (Árbore da Veira).

Na web do Fórum Coruña 2013 está dispoñible toda a información e o programa en detalle.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *