Deza, Pontevedra, Portugal, Cabreiroá e Ribeiro, na feira comercial do Fórum Gastronómico
Entre o 20 e o 23 de outubro ten lugar a feira Hostelco e o Fórum Gastronómico en Barcelona, do que Trevisani é delegación comercial en Galicia. E con Trevisani, empresa de organización de eventos, viaxan a Catalunya diversas propostas gastronómicas galegas e do norte de Portugal.
A Deputación de Pontevedra contará cun amplo abano de accións gastronómicas no Fórum Gastronómico. Son 39 as empresas da bisbarra do Deza que estarán representadas no Fórum Gastronómico de Barcelona grazas ao proxecto depoDeza, cofinanciado ao 70% polo FEDER.
Tamén se presentará a rede gastronómica “gastroDeza”, que quere incrementar o gastroturismo na zona e que promoverá os produtos autóctonos, no que será unha auténtica embaixada gastronómica do Deza en Catalunya.
Xa sinalamos as actividades que a Denominación de Orixe Ribeiro organiza en Barcelona, con 13 adegas presentes, unha misión comercial que xuntará intereses de empresarios vitivinícolas galegos e profesionais galegos e unha gran festa no Eurostars Grand Marina Hotel para o sector e xornalistas, o mércores 22 ás 20.30 horas.Trevisani tamén se encarga da dinamización e secretaría desta festa; e máis da montaxe creativa do posto na Feira comercial.
Pero tamén o Norte de Portugal acode á cita gastronómica, as empresas Casa da Prisca e de Origem Transmontana confiaron en Trevisani para divulgar os seus produtos na feira profesional.
Por último, as augas de Cabreiroá tamén viaxa ao Fórum Gastronómico de Barcelona a través da mediación de Trevisani.