O día 10 daranse a coñecer os gañadores do concurso Santiago(é)tapas nunha gala
O martes da vindeira semana coñeceremos os gañadores da sexta edición do Santiago(é)tapas nas súas 6 categorías: 4 premiados polo xurado profesional, “Mellor tapa elaborada con conservas” e 2 premios do público á “Mellor tapa” e o premio “(é)xcelente” ó establecemento mellor valorado. Os galardóns entregaranse nunha gala que terá lugar na sede da Asociación Hostelería Compostela, onde ademais sortearanse agasallos entre os clientes como billetes de avión a Istambul e paquetes do programa Outono Gastronómico de turismo rural.
Esta edición 2013 do Santiago(é)tapas tivo una gran acollida, con 37.000 petiscos servidos nos 66 establecementos hostaleiros que participaron no evento, ofrecendo 109 tapas distintas. Na cita paralela Santiago(é)Noite, 10 locais nocturnos prepararon un combinado especial co que o público puido disfrutar dun final de xornada moi orixinal.