Fórum Gastronómico Barcelona 2019, un evento marcado polo negocio, a calidade e a innovación

forum gastronomico barcelona 2019 feria gastronómicaO Fórum Gastronómico Barcelona 2019 celebrouse do 18 ao 20 de novembro. Un evento gastronómico con xuntanzas empresariais, feira profesional ou sesións divulgativas

Fórum Gastronómico Barcelona 2019, celebrado do 18 ao 20 de novembro no recinto Fira, contou coa presenza de 331 firmas expositoras, tanto pequenos produtores de proximidade como medianas e grandes empresas

Este evento abordou a cociña máis vangardista, as novas tendencias gastronómicas e aspectos como o xeito de facernos máis rendibles e sustentables os negocios de restauración e hostalería na contorna global e dixital.

En opinión dos propios expositores, o salón caracterizouse por ser quen de congregar visitantes, fundamentalmente do ámbito da restauración, de alta calidade profesional, con poder de decisión e compra nos seus respectivos negocios.

Fórum Gastronómico Barcelona estivo preto do cheo absoluto durante os seus tres días de celebración.

O certame xuntou profesionais do sector, principalmente restauradores, numerosos xefes de compra, distribuidores e tamén aos chefs que deciden hoxe cara a onde vai a gastronomía.

Como contrapunto á oferta en exposición e á súa faciana máis empresarial, o Fórum Gastronómico Barcelona ofreceu tamén un xeitoso programa de actividades e sesións culinarias que protagonizaron os mellores chefs do momento.

Programa de cociñeiros relatores no evento

Polos seus escenarios desfilaron Carme Ruscalleda, Jordi Cruz, Paco Pérez, Niko Romito, Sergio e Javier Torres, María José San Román e Kobe Desramaults, entre outros moitos, que aproveitaron a súa participación no certame para presentares as innovacións que van meter nas cartas dos seus restaurantes.

Galicia deixouse sentir tanto na feira profesional, con destacados postos e actividades paralelas, como entre os relatores do programa oficial, entre os que estiveron Lucía Freitas ou Javier Olleros.

O espazo FòrumLab, que estaba de estrea nesta edición, puxo ao alcance de empresas e profesionais ferramentas acaídas para a xestión dos seus negocios, desde como facelos máis rendibles e sustentables, ata como posicionar as súas marcas dun xeito máis efectiva no novo marco da comunicación dixital, creando relacións emocionais cos clientes.

Fórum Gastronómico en cifras

Neste evento superáronse os 20.000 profesionais asistentes; contou con 6.000 metros cadrados de superficie expositiva neta e 4.000 metros cadrados de espazo dedicado a actividades.

Fórum Gastronómico Barcelona 2019 foi organizado por Fira de Barcelona a través da súa sociedade Alimentaria Exhibitions, xunto á firma Fòrum Gastronòmic.

A empresa de organización de eventos e congresos Trevisani é a delegación en Galicia de Fórum Gastronómico.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *