Chega o Fórum Gastronómico Barcelona 2016, do 23 ao 26 de outubro
A empresa de organización de eventos Trevisani está moi ligada ao Fórum Gastronómico, que retornará no 2017 a Galicia
O recinto Gran Via de Fira Barcelona é a sede para un novo Fórum Gastronómico Barcelona, do 23 ao 26 de outubro. Será simultáneo á feira Hostelco e ao Congreso de Restauración Colectiva, no marco da denominada Barcelona Hosting Week.
A cita terá un marcado sabor galego. A sesión de peche no Auditorio, o martes 26, irá a cargo de trece cociñeiros do colectivo Coruña Cociña, día no que tamén estará a cargo dunha sesión Javier Olleros.
Os membros de Coruña Cocina que participarán son: Adrián Felípez (Miga), Álvaro Gantes (o Lagar da Estrella), Ángeles Marzoa (Vinoteca Jaleo), Antonio Amenedo (Pazo de Santa Cruz), Chisco Jiménez (Culuca Cociña-Bar), Diego Bello (Hotel Attica 21), Gorka Rodríguez (A Pulpeira de Melide), Iria Espinosa (Árbore da Veira), Iván Domínguez (Alborada), Javier Freijeiro (Grupo el Huerto), Luís Veira (Árbore da Veira), Moncho Bargo (Proyecto Propio), Pablo Gallego (Pablo Gallego), Pablo Pizarro (Bocanegra) e Tino Otero (Aula de Cocina Porto-Muiños).
As conservas e a pesca artesanal galegas tamén han centrar sendos obradoiros impulsado pola Xunta de Galicia, con Lucía Freitas (A Tafona). En 2017, Fórum Gastronómico volverá a Galicia, á Coruña.
Xunto a eles, grandes nomes da gastronomía como Jordi Cruz, Paco Pérez, Carme Ruscalleda, Nandu Jubany, Ricard Camarena, Josean Alija, Víctor Quintillà, Jordi Vilà, Oriol Castro, Mateu Casañas, Eduard Xatruch, Sergio y Javier Torres ou Xavier Pellicer.
Nesta edición cómpre salientar a ampliación da feira gastronómica, que comercializou un 30% máis de esapazo feiral, ademais de contar cunha grande internacionalización.
A empresa de organización de eventos Trevisani está conectada ao Fórum Gastronómico desde o ano 2008, cando chegou a súa primeira edición en Galicia. No ano 2012, Trevisani cambiou de rango e pasou de ser entidade colaboradora a converterse na delegación de Fòrum Gastronòmic en Galicia e, con iso, en coorganizadores, xunto á empresa Pep Palau, von Arend & Associats, creadores e directores do Fórum, de todos os encontros que se desenvolven cada dous anos no noso país.
Toda a información sobre o Fórum Gastronómico de Barcelona está no seu portal web http://www.forumgastronomicbarcelona.com/