Programa Fórum Cidade do Fórum Gastronómico e concurso Cociñeiro do Ano
O Fórum Gastronómico da Coruña, no que Trevisani toma parte, avanza presentando o seu programa de eventos e actividades na cidade e máis os finalistas de seu concurso “Cociñeiro do ano”
O Fórum Gastronómico vivirase máis alá do recinto de ExpoCoruña cun intenso programa de actividades na cidade. Do 27 de febreiro ao 17 de marzo, Fórum Cidade encherá de accións A Coruña e, na súa organización, a experiencia en eventos de Trevisani, ten moito que ver.
O Concurso “Cociñeiro Junior”, foodtrucks, visitas á lonxa, concurso de tapas e menús especiais, música, cine ou obradoiros son algunhas das actividades do programa
O Fórum Cidade presentouse no Ágora da Coruña, nun acto que contou coa presenza do alcalde Carlos Negreira; o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; a tenente de alcalde, Luisa Cid; o xerente de Turismo da Coruña, José Paz; o responsable de trade marketing de Estrella Galicia, Manuel Pérez Piñón; e os codirectores do Fórum Gastronómico, Pep Palau e Jaume von Arend.
Ademais, O Fórum Gastronómico e La Voz de Galicia organizan, por segunda vez, o premio Cociñeiro do Ano que quere recoñecer a estes profesionais novos que teñen en común a utilización de produtos de proximidade, o respecto pola terra e a súa relación cos pequenos produtores.
Os finalistas son Alberto Lareo (Manso, Santiago), Gorka Rodríguez (Pulpería de Melide, Coruña), Iñaki Bretal (Eirado da Leña, Pontevedra), María Varela (Parada das Bestas, Lugo) e Nacho Rodríguez (Gastromanía, Palmeira).
No portal web www.cocineirodoano.com pódese votar aos distintos candidatos, ata o día 10 de marzo.