Flyboard e hoverboard, os deportes do verán en Galicia

flyboard GaliciaFlying Happy Face ofrece unha oferta de ocio única en Galicia: flyboard e hoverboard na ría de Arousa

O flyboard é un dispositivo autopropulsado que permite deprazarse tanto na auga como no aire, proporcionando unha sensación de liberdade similar á de voar.

Pola súa banda, o hoverboard pódese comparar a unha mestura entre facer surf e voar.

Consiste nunha táboa que permite elevarse ata catro metros de altura e alcanzar unha velocidade de ata 45 km/h grazas ao chorro que a propulsa desde a parte traseira.

A empresa de organización de eventos Trevisani traballa na dinamización e comunicación dos servizos e a oferta de lecer de Flying Happy Face, unha empresa galega radicada en Vilagarcía de Arousa especializada en deportes acuáticos.

Ambos os dous deportes están indicados para todo tipo de persoas, sen importar a forma física ou a idade.

É un actividade sinxela e a maioría da xente que o practica consegue manter o equilibrio na primeira sesión.

Aínda que o porto base da empresa está en Vilagarcía de Arousa, o equipo de Flying Happy Face desprázase a distintos puntos de Galicia para que os seus usuarios poidan gozar dos deportes acuáticos que ofrece en calquera lugar.

Seguridad en flyboard y hoverboard

Flying Happy Face ofrece packs de flyboard e hoverboard para goce individual e en grupo para celebracións, aniversarios ou despedidas de solteiro.

As actividade realízanse baixo a supervisión dun monitor titulado por Flyboard España, tras unhas indicacións previas.

O equipo, que xa vén incluído co servizo, conta con todas as medidas de seguridade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *