Nomes e claves dun gran evento: o Fórum Gastronómico da Coruña

forum-gastronomico-corunha-nenos

Trevisani é a delegación comercial para Galicia do Fórum Gastronómico, e tamén traballa na súa organización en funcións de comunicación, produción, persoal auxiliar, azafatas, prensa, reservas, secretaría…

Xa se coñecen as grandes claves do Fórum Gastronómico, evento que se celebrará do 15 ao 17 de marzo en Expocoruña e que chega a súa quinta edición en Galicia.

Algúns dos seus protagonistas serán: Xosé Cannas (Pepe Vieira), Pepe Solla (Casa Solla), Luis Veira (Árbore da Veira), Iván Domínguez (Alborada), Javier Olleros (Culler de Pau), Dani Guzmán e Julio Sotomayor (Nova), Yayo Daporta (Yayo Daporta Restaurante) ou Diego López(La Molinera), entre outros. Tamén é salientable a presenza de Francis Paniego (El Portal de Echaurren), Marcos Morán (Casa Gerardo), Diego Guerrero (DSTAgE), Paco Morales (NOOR), Diego Fernández (Regueiro), Aitor Arregui (Elkano), Roberto Ruiz (Frontón de Tolosa) ou Abel Álvarez (Güeyu Mar). Ademais do chef do mar francés, Alexandre Coullion (La Marine), ou o gañador de TopChef2, David García, acompañado por Inés Abril.

O Fórum tamén ha contar coa presenza de chefs portugueses procedentes da rexión de Porto, algúns dos cales serán a primeira vez que actúen en España, como Dalila e Renato Cunha (Ferrugem) ou Pedro Lemos (Restaurante Pedro Lemos).

Dous relatorios centrados na cociña xaponesa, un por parte de Andrés Médici(Osushi) e outro a cargo do xaponés Shinya Fukumoto (Ca’Sento). Ademais, a carne ha ter o seu espazo no Fórum Gastronómico Coruña coa participación de dous recoñecidos especialistas. Participará no Fórum o carniceiro máis recoñecido de Francia, Yves-Marie Le Bourdonnec, especialista en carnes e no corte, así como tamén o chef barcelonés, Dani Lechuga (Caldeni).

Fórum Doce e Fórum Viño tampouco faltarán á cita. O mundo da cociña doce contará con dúas sesións, unha de Jordi Roca (El Celler de Can Roca) e outra de Lucía Freitas (A Tafona). Xoan Cannas, Cristina Alcalá, Luís Paadín, eToño Pérez e José Polo (Atrio) serán os relatores que ofrecerán distintas catas de vino.

Os obradoiros didácticos do domingo para cativos, a cargo de Emil Samper, participante de MasterChef2.

E non esquezamos o concurso de pulpeiras, xa aberto.

En resumo: Lume, brasa e grella. Presenza galega, estatal, do Norte de Portugal e internacional.

A entrada ao Fórum Gastronómico Coruña 2015 ten un prezo de 10 euros (a entrada dá acceso ao recinto feiral e máis as sesións do auditorio) e os obradoiros, de 15 euros. As inscricións para as actividades xa están abertas e poden realizarse a través de www.forumcoruna.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *