Enocións by Ribeiro, no Hotel Hesperia Finisterre de A Coruña
Enocións by Ribeiro é un programa de eventos para a divulgación dos viños da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia
O ciclo Enocións by Ribeiro, calendario de actividades divulgadoras, organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro (C.R.D.O Ribeiro), achegouse á Coruña.
Trátase dunha proposta conceptualizada e desenvolvida da man da empresa de organización de eventos Trevisani,
O Hotel Hesperia Finisterre acolleu a preto de 150 profesionais para degustar os viños Cunqueiro (Bodegas Cunqueiro), Canción de Elisa (Adega Dona Elisa), Alberte (Bodegas Nairoa) y 3URA (Bodegas GRM), que maridaron coas propostas gastronómicas do cociñeiro Pepe Solla.
A ambientación musical estivo a cargo de Analís.
O presidente do C.R.D.O Ribeiro, Felicísimo Pereira, e a súa xerente, Cristina Alcalá, nas súas intervencións detéronse na “tradición e calidade” que atesouran os viños da denominación de orixe galega máis antiga.
Entre os traballos desenvolvidos por Trevisani dentro do ciclo Enocións by Ribeiro están:
- Conceptualización
- Creatividade
- Secretaría técnica
- Deseño de accións de reforzo
- Contratación de profesionais
- Coordinación xeral