Décimo congreso médico de AGAPAP, os pediatras de atención primaria galegos
O colectivo de pediatras de atención primaria AGAPAP reuniuse o sábado, 23 de abril, no edificio Cersia de Santiago de Compostela para actualizar no seu congreso médico coñecementos e explorar novas técnicas para aplicar á práctica diaria
A secretaría técnica deste congreso médico da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria estivo a cargo da empresa de organización de eventos Trevisani, que aportou dinamización, confirmación de asistencias, apoio ao directo, azafatas e comunicación, entre outros traballos.
No acto de inauguración do acto estiveron presentes o conselleiro de Sanidade, Jesús Vazquez Almuiña; a presidenta da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (Agapap), Teresa Valls Durán; o presidente da Sociedade de Pediatría de Galicia (Sopega), José Ramón Fernández Lorenzo, e a presidenta do comité organizador, Cristina Sánchez García-Monge.
A presidenta de Agapap fixo unha mención especial ó papel que xogan as novas tecnoloxías no acceso e desenvolvemento de novos sistemas formativos.
A primeira intervención do programa deste congreso médico xirou en torno ao diagnóstico e tratamento da alerxia a medicamentos. Este relatorio correu a cargo do doutor Manuel Boquete Paris, xefe do Servizo de Alergoloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti. O experto fixo fincapé nalgunhas das reaccións alérxicas que producen o leite ou o melocotón nos nenos. Ademais, a través da análise de varios casos clínicos, alertou sobre o perigo dos diagnósticos erróneos
Nados demasiado pronto: coidados tras o alta foi o nome do segundo relatorio, que trató o seguimento do neno prematuro desde que é dado de alta.
Valls Durán lembra que “a prematuridade é un dos problemas de saúde que máis prevalecen na poboación infantil dos países desenvolvidos”.
A doutora Carmen Rosa Pallás Alonso, neonatóloga do Hospital Universitario 12 de outubro de Madrid; e Francisco Javier Soriano Faura, pediatra e membro do grupo PrevInfad, impartiron esta charla. Ambos os dous profesionais presentaron o método nai canguro para bebés prematuros, avalado pola Organización Mundial da Saúde (OMS).
Esta técnica fundaméntase no contacto pel con pel entre a nai e o bebé e na estimulación e protección que esta provee. De entre os beneficios que produce, os doutores destacaron “un mellor cociente intelectual e mellores relacións familiares”, apoiándose nun estudo realizado pola Fundación Bill Gates.
O doutor Jesús Marque Marque, coordinador médico da Clínica Amerguín de Santiago de Compostela especializada en patoloxía e rehabilitación deportiva, foi o relator do seminario que tratou sobre o neno deportista e as lesións que se derivan desta práctica. Valls Durán destaca o papel do exercicio físico “como antídoto contra a epidemia de obesidade que afecta os nosos menores”.
Dada a coincidencia do congreso médico coa celebración do Día do Libro, a clausura correu a cargo de Juan Mata Anaya, profesor da Facultade de Ciencias da Universidade de Granada, divulgador literario e autor de libros sobre a pedagoxía da lectura e a escritura. A súa conferencia Lecturas, emocións e saúde pechou a reunión. Como remate final, alumnos da escola de música Berenguela interpretaron algunhas cancións para os congresistas.
Esta cita congregou cerca de cen pediatras vidos de distintos centros de Galicia e España. Esta reunión anual consolídase, un ano máis, como un evento de referencia para os profesionais da atención primaria, quen buscan solucións aos problemas da disciplina, a actualización de coñecementos e o intercambio de experiencias.
Agapap
A Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria naceu en 2005 para dinamizar e ilusionar o traballo dos pediatras de atención primaria, mellorar a calidade das súas condicións de traballo e dignificar a súa imaxe como profesionais cun alto nivel de formación.
Agapap, que conta con máis de 200 socios, forma parte da Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria (Aepap) pero actúa de forma autónoma para alcanzar os seus obxectivos comúns.