Congreso médico de ANACER Asociación Nacional de Clínicas de Reproducción Asistida en Santiago
A capital de Galicia foi a sede deste congreso médico dos centros ANACER de reprodución asistida
A Asociación Nacional de Clínicas de Reproducción Asistida ANACER celebrou o seu noveno congreso médico anual en Santiago de Compostela do 6 ao 8 de marzo.
Ademais da situación xeral e as novidades no sector, aspectos como a integración da psicoloxía nas clínicas; as técnicas non permitidas como a selección de sexo a subrogación uterina; ou a conservación de ovocitos foron algunhas das temáticas que se trataron nesta cita.
Nesta cita exerceu como anfitrión IRAGA Unidad de Reproducción Asistida La Rosaleda que dirixe o Doutor José Codesido López. ANACER integra no seu seo a 30 clínicas do sector de toda España.
Tarefas de Trevisani
Trevisani realizou funcións de gabinete de prensa dunha cita que espertou un notable interese nos medios de comunicación.