Azafatas e persoal auxiliar, nos Premios “Gallego del Año” 2018
O equipo de azafatas e persoal auxiliar de Trevisani traballou, un ano máis, nos premios organizados por El Correo Gallego
O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago, acolleu a XXIX edición de entrega dos Premios “Gallegos del Año”, organizados por El Correo Gallego.
Este evento celebrouse o xoves 12 de outubro e congregou a 1.500 persoas.
Como apoio en protocolo e relacións públicas, contou co traballo do persoal auxiliar e azafatas da empresa de organización de eventos Trevisani.
Premiados no evento
O “Gallego del Año 2018” é o político José Manuel Romay Beccaría, expresidente do Consello de Estado, quen tamén foi ministro do Goberno ou conselleiro da Xunta, entre múltiples cargos institucionais.
Ademais, tamén foron galardoados a deportista Ana Peleteiro; a Tuna de Dereito da USC; Miguel J. Carrero, quen preside a entidade Previsión Sanitaria Nacional; o enxeñeiro José Delfín Pérez; a doutora Manuela Camino; a oftalmóloga Victoria de Rojas; o empresario José Luis Antuña; a pediatra María Luz Couce; a Fundación María José Jove; o escultor Francisco Leiro; o neurocirurxián Alfredo García Allut; a asociación Aspas; o emprendedor Antonio Agrasar; e mailo enxeñeiro informático Fernando Suárez.
O portal web de El Correo Gallego conta con máis información sobre estes Premios.